CulturaCulturaÚltima hora

Acto de presentación da Asociación Cultural Entroido de Mugares (Toén), o 26 de outubro

Vestimenta dos Labardeiros e das Señoritas do Entroido de Mugares (Toén)./ Foto: A.R.

 

Froito do labor da veciñanza vén de ver a luz a Asociación Cultural Entroido de Mugares. Esta nova entidade do municipio de Toén presentarase publicamente o vindeiro 26 de outubro ás 17h. no Centro de Interpretación do Entroido (Meaba, 69) nun acto festivo que será amenizado polas actuacións musicais de Inma Fernández Alonso ao piano e polos cantos da formación As Cuncas de Son.

No decurso deste acto tamén se fará entrega dos traxes das Mulleres Rurais, realizase un avance de actividades do 2024/25, haberá así mesmo homenaxes e un aperitivo para os asistentes.

 

 

Back to top button