CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Acto inaugural do curso universitario en Vigo

Ademais dos reitores das tres universidades galegas, participaba no acto o presidente da Xunta
Acto de apertura do curso académico 2014-15 no Campus de Vigo.
Acto de apertura do curso académico 2014-15 no Campus de Vigo.

O salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais do campus de Vigo convertíase o 12 de setembro en escenario do acto de inauguración do curso 2014/2015 do Sistema Universitario Galego (SUG). Nel tomaban parte aos togados e togadas das tres universidades galegas, xunto con os seus reitores, os presidentes dos consellos sociais e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

Tanto o presidente do goberno galego como o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, coincidían en resaltar o papel de referente que as institucións académicas teñen para a sociedade galega. “Temos que estar aí coa xente, subministrando información, facendo diagnoses serias e contrastadas, achegando criterio, sendo en definitiva o que nos piden e que mesmo nas enquisas a cidadanía considera un referente”, indicaba Mato, que encetaba o seu discurso sinalando os seis retos aos que considera as universidades deberán facer fronte este curso.

Pola súa banda, Núñez Feijóo apuntaba que a sociedade precisa hoxe de exemplos, “e a Universidade pode proporcionalos!. Modelos de colaboración e traballo en equipo e, neste aspecto, referiuse á creación do Consorcio Interuniversitario de Galicia “para a xestión de servizos da súa competencia, ou para a consecución de fins de interese común, como reza o artigo 66 da lei que o puxo en marcha. Convencidos como estamos de que as nosas Universidades, cadansúa coa súa propia personalidade, se reforzan coa colaboración”.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button