CulturaCulturaÚltima hora

O actor Alberte Montes chega este xoves a Trives

“Noite de risas” o 3 de agosto a partires das 22:30h. na praza Doutor Paz
Detalle do cartel das Albertadas de Alberte Montes.

Albertadas é o nome que os compañeiros de Alberte Montes lle dabab ás improvisadas que este se marcaba no escenario no seu primeiro grupo de teatro. Unha práctica á que lle colleu agarimo e que non abandonou xamais. Amigo de pintar saíndose das liñas, de camiñar á marxe do rabaño, Alberte ofrece no seu espectáculo un monólogo fresco, orixinal e disparatado. Máis dunha hora de risas onde se mesturan historias cotiás con surrealismo, verdade con esaxeración, destripada actualidade con chistes malos… Un cóctel perfecto de diversión tola. Un show explosivo, cargado de enerxía, adrenalina e humor do que poderá desfrutar quen se achegue mañá, xoves 3 de agosto ás 22:30h. ata a praza Doutor Paz da Pobra de Trives, o escenario sobre o que se actuará este actor e humorista.

Alberte Montes leva máis de 9 anos como monologuista por salas de toda España, ten dous monólogos gravados en Comedy Central e prepara o terceiro para incorporar á canle temática a finais de 2017. Actualmente é colaborador fixo no programa “Los Lunes al Gol”, da canle deportiva GOL, coa súa sección “El ObservaGOL”, ademais de formar parte do elenco de actores de “Fariña”.

Na serie que Bambú Producciones grava en Galicia para Atresmedia, o seu personaxe será Manuel Padín e aproveitando uns días de rodaxe, esta semana fai parada en Trives para amenizar unha “Noite de risas” organizada pola Cantina do Catro e a Cervexería Boliche.

Artigos relacionados

Back to top button