CulturaCulturaÚltima hora

O actor Federico Pérez presentará a gala de “Linguareteando” en Barbadás

Publicidade

O concurso de monólogos en galego despídese até o ano que vén o vindeiro 24 de novembro na Casa da Cultura Manuel María na Valenzá [/drocpap]

O vindeiro venres, 24 de novembro ás 20:00 horas, terá lugar a Gala Final do Concurso de Monólogos “Linguareteando” que se vai celebrar na Casa da Cultura Manuel María de Barbadás. Para conducir o evento contarán coa presencia de Federico Pérez, que interpretaba a “Josito” na exitosa serie Padre Casares da Televisión de Galicia. Actualmente interpreta o papel do tenente Médico Guillermo Sansebastián na serie “Tiempos de Guerra” de Antena 3.

Asemade traballou antes noutras series do panorama audiovisual galego como “Libro de Familia; “O show dos Tonechos”; “Mareas Vivas” ou “Air Galicia”. En canto á súa filmografía , tivo a ocasión de participar en filmes como “18 comidas”, “Retornos” ou a exitosa “Mar Adentro”, de Alejandro Amenábar.

Na parte teatral, Federico Pérez actuou en “O Florido Pesil” e “Presidente” e co monólogo “Ración de Breogán” fixo rir a media Galicia en decenas de teatros e auditorios. Agora, volve co humor en directo con “A Noite do Capador”, unha historia coa que percorrerá os mellores escenarios de Galicia esta temporada.

Cartel da gala.

Artigos relacionados

Back to top button