ConcellosO BoloÚltima hora

Adeus a Severino Salgado, un dos membros máis veteranos do Folión de Buxán (O Bolo)

Severino Salgado, tocando co Folión de Buxán (O Bolo)./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O pobo de Buxán (O Bolo) está de loito. Neste luns 9 de xaneiro falecía Severino Salgado García, un veciño moi querido, aos 86 anos de idade. Coñecido como “Ino O Taxista de Buxán” era un dos membros máis veteranos do seu folión, no que acostuma saír cada Entroido co seu folión, tanto pola aldea como visitando outras localidades.

Era un moi bo creador de versos, e ademais de ter participado en “disputas”  e acostumaba tocar sempre no Folión de Buxán, levando unha longa e característica especie de corna, pero nunca se vestíu de Mázcara xa que ” nunca me gustou andar coa cara tapada”, tal como contaba nunha entrevista que lle realizaba o Periódico O SIL hai uns anos.

Apenas unhas semanas antes dese Entroido que Severino Salgado tando quixo, Buxán despide con tristura a este veciño, cuxa capela ardente está no Velatorio La Soledad de Viana do Bolo. O seu funeral está previsto para mañá 10 de xaneiro ás 16:30h. na igrexa parroquial de Buxán.

 

Artigos relacionados

Back to top button