ConcellosO BarcoÚltima hora

Adiántase unha hora o inicio da Ludoteca Móbil, esta tarde no campo da festa do Barco

Comezará ás 18 horas en lugar de ás 19, e inclúe unha festa da escuma como inicio do programa do Cisto

 

Coa ludoteca móvil para os nenos comeza esta tarde o programa de actividades do Cristo 2022, no Barco de Valdeorras, tendo que adiantarse a actividade unha hora (comezará ás 18 horas), para garantir a luz natural para todas as actividades.

Dende o Concello do Barco ecomendan aos nenos que leven roupa de abrigo, xa que está prevista unha festa da espuma e as temperaturas baixaron no día de hoxe.

A Ludoteca Móbil da Deputación de Ourense é unha instalación de xogos infantís que dispón dunha zona para pequenos, de 3 a 7 anos, outra para maiores, de 8 a 14 anos, e unha festa da escuma e polvos HOLI. Estará instalada no campo da festa.

Artigos relacionados

Back to top button