A GudiñaConcellosEn portadaO BoloÚltima horaViana do Bolo

Adxudicadas as obras de mellora do firme da OU-533 no Bolo, Viana e A Gudiña

Rehabilitarase o firme da estrada ao longo de máis de 32 quilómetros

 

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou por preto de 1,2 M€ a execución das obras de mellora de firme na estrada OU-533 ao paso polos concellos da Gudiña, O Bolo e Viana do Bolo.

Os traballos, cuxo contrato foi adxudicado á empresa Aglomerados y Construcciones Valdeorras S.A. (Acoval), prevén o seu comezo na segunda quincena de xullo. As obras contan cun prazo de execución de 6 meses.

Máis concretamente, rehabilitarase o firme da estrada ao longo de máis de 32 quilómetros, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 0+8 e 33.

Nos treitos que presenten peor estado fresarase unha capa de 5 centímetros de espesor, que será reposta con mestura bituminosa en quente.

Os traballos inclúen a limpeza de gabias e a execución nalgúns puntos de gabias de seguridade formigonadas.

Tamén se realizarán intervencións relativas ao repintado da sinalización en todo o treito de actuación.

 

Artigos relacionados

Back to top button