En portadaÚltima hora

Adxudicadas por 204.000 euros as obras de mellora de espazos na vila de Vilariño de Conso

A actuación, cun prazo de execución de catro meses, centrarase na intersección da rúa do Souto coa praza da Vila e prevé acondicionar as vías e outras instalacións da zona

Panorámica de Vilariño de Conso. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Vense de adxudicar por un importe de algo máis de 204.000 euros as obras de mellora da intersección da rúa do Souto coa praza da Vila no concello de Vilariño de Conso, un proxecto que permitirá ampliar os espazos urbanos e os servizos da zona. Cun prazo de execución previsto de catro meses, o proxecto ten como obxectivo acondicionar e mellorar a referida intersección, as vías e outras instalacións localizadas nesta área. A tal fin, prevese a construción dun muro de contención de formigón e doutro de pedra, o deseño dunha rotonda, unha ampliación das vías e o saneamento das pluviais.

Esta actuación urbanística executarase en virtude do convenio de colaboración subscrito o pasado verán no marco do Plan Hurbe entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Vilariño de Conso, que cofinanciarán os traballos nun 70% e nun 30%, respectivamente.

Este programa busca apoiar ás administracións locais na execución de proxectos urbanísticos que contribúan a dinamizar as vilas galegas e a mellorar a calidade de vida da veciñanza a través da mellora ou da construción de equipamentos e servizos públicos.

Artigos relacionados

Back to top button