A RúaConcellosÚltima hora

Adxudicado por uns 441.000 euros o acondicionamento do barrio da Estación da Rúa

 

Vén de adxudicarse por máis de 441.000 euros a obra destinada ao acondicionamento do barrio da Estación, preto do centro do municipio da Rúa, unha actuación que responde ao convenio de colaboración asinado o pasado mes de abril entre a Xunta de Galicia e a Administración municipal.

As obras, que contan cun prazo de execución previsto de cinco meses, están enfocadas á renovación das redes de saneamento, ao soterramento do alumeado público, á instalación de redes de pluviais e de gas natural e á creación de beirarrúas para favorecer o tránsito peonil nas zonas máis céntricas do concello.

En total, a intervención prevista abranguerá unha superficie de 3.147 metros cadrados localizados, concretamente, nas rúas Doutor Vila, Silveira, Benito Fernández e Miguel de Cervantes.

Artigos relacionados

Back to top button