ConcellosÚltima hora

Adxudícase a construción da pista polideportiva de Vilanova (O Barco)

Das 22 empresas presentadas, Acoval facíase co concurso cunha oferta de 95.694 euros
Vista do entorno do pobo barquense de Vilanova.

A empresa barquense Acoval executará o proxecto para a construción da pista polideportiva de Vilanova (O Barco), ao presentar a mellor oferta das que optaron ao concurso convocado pola Deputación Provincial de Ourense. O orzamento de licitación ascendía a 137.000 e presentaron oferta un total de 22 empresas construtoras. Acoval, cunha oferta de 95.694 euros, fíxose finalmente co concurso, que establece un prazo de execución de catro meses desde a formalización do acta de replanteo do proxecto, segundo se informa dende o Concello do Barco

A construción desta pista polideportiva de Vilanova “é un proxecto longamente comprometido pola Xunta de Galicia ao Concello do Barco. Ambos asinaron hai anos un acordo para a creación desta infraestrutura deportiva, a cambio da cesión dos terreos, propiedade dos veciños, usados desde entón como base dos helicópteros do servizo de extinción de incendios da Consellería de Medio Ambiente. Finalmente, a Dirección Xeral de Deportes decidiu delegar na Deputación a realización desta obra”, segundo o Concello barquense.

Artigos relacionados

Back to top button