EconomíaEconomíaÚltima hora

AEVA apoia as mobilizacións polo recorte de servizos ferroviarios en Valdeorras

Estación de ferrocarril de O Barco.

 

A Asociación Empresarial de Valdeorras súmase ás mobilizacións previstas para o vindeiro domingo 4 de outubro en Valdeorras para protestar pola supresión do servizo de venda presencial de billetes nas estacións de O Barco e A Rúa-Petín e polo recorte de servizos ferroviarios. Así o vén de anunciar esta organización empresarial a través dun comunicado de prensa. En concreto o acto reivindicativo, promovido polo BNG de Valderras e pola CIG, será unha caravana de vehículos que partirá dende a estación do Barco ás 12h.

A organización empresarial estima que o peche de despachos de billetes “é unha consecuencia máis de a diminución de servizos que vén sufrindo a comarca nos últimos anos, e que o descenso na venda de billetes co que Renfe xustifica esta medida é resultado da escasa oferta de trens que circulan por Valdeorras”.

Ademais AEVA indica que, “unha vez máis, a cidadanía e as forzas sociais e políticas da nosa comarca vense obrigadas a participar en mobilizacións en demanda de infraestruturas acordes co noso nivel e potencial económico. Resulta rechamante pensar que en marzo de 2018 estivemos a apoiar o proxecto de construción dunha conexión ferroviaria coas prestacións e competitividade dos denominados corredores ferroviarios impulsados poa Comisión Europea, e que dous anos despois teñamos que mobilizarnos para reivindicar que non pechen os despachos de billetes e que restablezan os precarios servizos ferroviarios que se desmantelaron como consecuencia da pandemia do Covid-19”.

Artigos relacionados

Back to top button