EconomíaEconomíaÚltima hora

AEVA pon en marcha un programa para facilitar o relevo empresarial en Valdeorras

Exterior da oficina de AEVA no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Enmarcado no Proxecto AEVAempregaTE III, subvencionado pola Deputación Provincial de Ourense, a Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) vén de poñer en marcha unha inicativa titulada “Programa Relevo Empresarial” co fin de favorecer a continuidade de empresas da comarca de Valdeorras que, por xubilación ou por outras causas, teñen previsto cesar na súa actividade.

“Para logralo, poremos en contacto ás empresas que cesan con emprendedores que teñen interese en sucederlles, ofrecéndolles un asesoramento personalizado en todo o proceso”, segundo AEVA.

O programa divídese en dúas fases:

Fase 1: Proceso de mentoría coas empresas, cun dobre obxectivo:
– Analizar o estado actual do negocio
– Estudar as posibilidades de mellora
Para desenvolver esta fase organizaranse sesións individualizadas nas empresas
participantes.

Fase 2: Selección e Mentoría de posibles emprendedores, cun dobre obxectivo:
– Analizar os perfís dos candidatos e seleccionar os máis adecuados
– Mentoría dos perfís seleccionados nos negocios que pretenden rexentar para detectar as necesidades que puidesen ter respecto a a sucesión e a planificación da Substitución Empresarial.

Nesta fase realizaranse sesións cos candidatos seleccionados en cada unha das empresas que van rexentar.
O programa estará dirixido por Leticia Prada López, directora da Escola de Emprendedores, experta en estratexias de Publicidade e Marketing e Directora de Recursos Humanos.

Artigos relacionados

Back to top button