EconomíaEconomíaÚltima hora

AEVER presenta a campaña “Móllate polo comercio”, que se desenvolverá en Verín

Presentación da campaña “Móllate polo comercio” de AEVER, en Verín./ Cedida.

 

A Asociación de Comerciantes de Verín (AEVER) vén de presentar esta mañá a campaña de dinamización comercial “Móllate polo comercio”. No acto participaban o presidente de AEVER, Santos Álvarez; o xerente da asociación, Xosé Ángel Rodicio, así como unha representante do Concello de Verín.

“Móllate polo comercio” é unha campaña comercial de animación nas rúas e promoción de vendas, explican dende AEVER. “O verán é unha das épocas do ano de máis vendas no sector comercio”. As actividades que se realizarán incluirán tobogáns de auga na praza Maior, praza do Concello e praza da Mercé.  “Con estas tres zonas buscamos atraer a toda clase de público dende os peques ata os adultos”, sinalan dende a asociación.

O obxectivo é “incrementar o poder de atracción da zona, incentivar as vendas, mobilidade dos clientes polas rúas comerciais e conciliación familiar. Tamén atraer aos xoves e adultos que esperemos que o desfruten e se conciencien da importancia de mercar no comercio local”, destaca AEVER.

Tamén haberá unha festa con pos Holi e unha festa da escuma con varios horarios: 17:30 a 18:30 para peques (3-10 anos), 18:30 a 19:30 para xoves ( L1 anos en adiante), 19:30 a 20:30 para peques (3-10 anos), 20:30 a 21:30 para xoves e adultos. Será na praza Maior e para participar nestas actividades teñen que conseguir os tíckets realizando compras nos establecementos asociados. Os tíckets canxearanse na carpa de AEVER situada na praza Maior. “O mecaismo é o seguinte: os que queiran participar, deberán entregar 10 tíckets + 2 € na carpa de AEVER situada na Praza Maior, canxearémolo por una pulseira e terá acceso a tódalas actividades tanto tobogáns coma festa Holi-Escuma durante toda a tarde. A carpa estará aberta 1 hora antes do inicio das actividades. Na paxina web da asociación disporán dunha aplicación para facer a reserva e compra das entradas”, explica AEVER. Esta campaña está financiada pola Xunta.

Artigos relacionados

Back to top button