EconomíaEconomíaÚltima hora

AEVER presenta as campañas “Os Maios feira solidaria” e “Día da Nai”

 

A Asociación de Comerciantes de Verín (AEVER) presentaba este 24 de abril en rolda de prensa na sede da entidade as campañas ” Feira solidaria dos Maios” e “Día da Nai”. O acto contaba coa asistencia do presidente e xerente de AEVER, Santos Álvarez e Xosé Ángel Rodicio, respectivamente, e de Samanta Barreira, concelleira de Cultura, Conservatorio, Festexos e Turismo.

 

 

En primeiro lugar, presentábase a celebración dos Maios, que terá lugar o mércores 1 de maio en horario de 10h. a 14h. “Nesta campaña de promoción de vendas, cos tíckets de compras nos establecementos do CCU Verín servían para que os nenos poidan subir a un inchable que estará situado na praza García Barbón.Teremos unha carpa instalada ao carón do inchable onde comprobaremos o tícket de compra e daremos a entrada que valerá 1€. Este euro será un donativo destinado a favor de Save The Children (co lema “Axúdanos a atender á infancia de Gaza). Na nosa carpa publicitarase os asociados e informaremos sobre a función da asociación.Tamén axudaremos a quen o requira a descargar os Bonos Activa Comercio”, tal e como sinalaban na presentación. Os obxectivos desta campaña son “incentivar as vendas e promocionar o comercio socio”.

 

 

Día da Nai

Tamén en maio AEVER organizará unha campaña con motivo do Día da Nai, que se desenvolverá do 24 de aBRIL ao 5 de maio (inclusive). Con esta acción preténdese “incrementar o poder de atracción da zona, incentivar as vendas polas datas sinaladas do Día da Nai”, segundo AEVER.

A campaña consistirá no sorteo de 5 cheques regalo de 100 € cada un para mercar no comercio local. “Para participar no sorteo os nosos clientes deberán enviarnos unha foto do seu tícket de compra dalgún establecemento asociado a AEVER xunto co seu nome e teléfono ao correo electrónico aeverccu@gmail.com”, indican os organizadores.

Os clientes poden participar as veces que desexen e así terán máis oportunidades. O día 7 de maio procederase o sorteo online a través de Google. Os gañadores terán ata o 24de maio para gastalo, cun mínimo de dous establecementos e un máximo de 50€.

Ademais, dende AEVER repartirase entre os seus asociados “un corazón recortado onde poña QUÉROTE MAMÁ. Os clientes que desexen poderán facer unha foto nos establecementos para promocionar o comercio local”, din dende esta asociación.

Artigos relacionados

Back to top button