ConcellosRubiáÚltima horaVídeos

Agasallos e lambetadas na recepción dos Reis Magos, na Casa da Cultura de Rubiá

 

Cambiando a praza do Concello pola Casa da Cultura e a tarde pola mañá, se celebraban este ano os Reis Magos no concello de Rubiá.

 

 

Ás 12 horas deste domingo 5 de xaneiro chegaban ás SS.MM. Melchor, Gaspar e Baltasar á entrada da Casa da Cultura onde, sentados en cadanseu trono, recibían un a un aos cativos do municipio aos que lles entregaban o seu agasallo e un boa presa de caramelos e outras lambetadas.

 

 

Os de Rubiá eran, despois dos de Vilamartín que chegaban onte, os Reis Magos máis madrugadores na comarca de Valdeorras. Pola tarde chegarán  ao resto de concellos que decidían suspender as cabalgatas por mor das inclemencias meteorolóxicas previstas.

Fotos e vídeo: O SIL.

 

Artigos relacionados

Back to top button