
Este mércores 11 de novembro a cidade de Ourense celebrará dun xeito especial a festividade do seu patrón, San Martiño, cunha serie de espectáculos musicais de rúa e cabezudos, organizados dende a Concellería de Cultura. As actuacións das 13 formacións musicais entre as que figuran Airiños de Caldelas (Castro Caldelas) serán itinerantes para evitar aglomeracións, así como chegar á maior parte das zonas da cidade.
Cada un dos percorridos terá saídas ás 12 e ás 18 horas, e o percorrido da zona centro contará, ademais, coa presenza dos nove cabezudos, nos barrios da Ponte, O Couto, Mariñamansa/ A Cuña, Cidade Vella, Centro e Barrocás.
O programa completo pódese consultar aquí:
Programa San Martiño 2020 Ourense