CulturaCulturaÚltima hora

“Alalá. I Mostra de artes da Ribeira”, o 14 de agosto en Castrelo de Cima (Riós)

Unha das fotos antigas expostas en Castrelo de Cima (Riós)./ Cedida.

 

 

Exposicións e música serán os ingredientes principais do evento Alalá, “1ª Mostra de artes da Ribeira”, cuxo acto inaugural está previsto para o vindeiro 14 de agosto ás 18.30h. en Castrelo de Cima (Riós). Esta iniciativa cultura contará con “tres partes diferenciadas pero formando as tres un conxunto”, tal e como destaca María Barazal, representante da Asociación Cultural de Veniños “Os Queimas” de Castrelo de Cima, promotora do evento.

Así, por unha banda, no Cortello da Figueira terá lugar a apertura da exposición “Casas sen Xente” da Agrupación Fotografíca Fotosíntese de Ourense. Son arredor de 35 instatáneas. Neste acto contarase co actuación do Grupo de Gaitas de Trasmiras.

Posteriormente farase un percorrido visionando a fotografías expostas polas rúas “Xentes e costumes de Castrelo”, formada por un total de 36 fotografías, algunhas de 100 anos de antigüidade, en tamaño 40×27. “Cada unha destas fotografías terá un titulo que a identifique e aproximadamente a metade delas un código QR no que se pode visionar un vídeo no que un veciño do pobo fará un resumo dalgunha tarefa, vivencia, costume do noso pobo relacionado coa foto á que se refire: matanza, mallas, labores de campo, limpeza roupa, trancacancela, queimada…”, indican dende a organización.

 

 

E, en terceiro lugar, os asistentes irán ata ao “forno do pobo” aínda sen reformar, a visionar a exposición de acuarelas de Paulinha dÁrzoa “Treboada Emocional”. Aí está prevista unha nova actuación do grupo de gaitas de Trasmirás.

Finalmente, na “Casa do Pobo”, haberá “cantina” e o grupo folclórico de gaitas volverá tocar. Os promotores desta mostra indican que se respectará a normativa sanitaria fronte ao coronavirus, “os asistentes estarán sentados e gardando as distancias mínimas recomendadas para evitar contaxios de Covid”.

Artigos relacionados

Back to top button