
A Federación Galega de Atletismo (FGA) facía pública neste venres a listaxe de atletas galegos que participarán o 19 de marzo no Campionato de España de Cross Máster. Entre eles hai varios do Club Adas Cupa do Barco: o valdeorrés Alberto Asensio xunto a Iria Fernández na categoría mixto 35-44, así como Elena Ledo e Martina Tasende en F40.
En categoría masculina outros seis atletas vestirán a camiseta do Adas: J. José Álvarez, Daniel Bargiela, Ricardo Vázquez, J. Carlos Ferreira e J. Manuel García. Alejandro Pesado.
A competición desenvolverase o domingo na localidade zamorana de Toro.