CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Alberto San Juan enche o Teatro Lauro Olmo do Barco

O actor protagonizaba na noite do 15 de outubro o monólogo “Autorretrato de un joven capitalista español”

Ao son de “Grândola, Vila Morena” de José Afonso, e entre aplausos, concluía no Teatro Lauro Olmo do Barco o monólogo “Autorretrato de un joven capitalista español”, escrito e interpretado por Alberto San Juan. Ao longo de pouco máis dunha hora, o actor enlazaba, con marcada clave irónica, diversos aspectos da súa vida dende o seu nacemento (en 1968) coa evolución política española e tamén internacional ata a actualidade. E iso sobre un escenario practicamente espido, con tan so unha mesa, na que se apoiaban uns libros e un flexo. E no chan, un cassette.

Era un espectáculo plantexado máis que como un monólogo, como unha reflexión en voz alta e mesmo “como unha conversa”, como o propio San Juan sinalaba en varios momentos, na que compartía unha fervenza de preguntas, algunhas con resposta e outras sen ela. O seu discurso debuxa un presente e un futuro con puntos moi escuros, pero tamén deixa espazo para a esperanza. Numerosas persoas o escoitaban nun teatro barquense repleto.

Artigos relacionados

Back to top button