ConcellosEleccións municipais 2023En portadaO BoloÚltima hora

Alberto Vázquez, novo alcalde socialista bolés, tras o acordo con Somos O Bolo

O PSdeG-PSOE e Somos O Bolo chegaban a un pacto polo que Vázquez gobernará dous anos e Miguel Ángel García os dous seguintes

 

O acordo entre o PSdeG-PSOE e Somos O Bolo, acadado a falta de poucas horas da constitución da nova Corporación bolesa, permitía que o socialista Alberto Vázquez resultase elixido alcalde deste municipio valdeorrés. Así se materializaba nunha sesión plenaria que comezaba ás 12h. no Concello do Bolo.

Primeiro constituíase a nova Corporación bolesa, formada por 3 concelleiros do PP, 2 do PSdeG-PSOE e 2 de Somos O Bolo. Despois, procedíase á elección do novo alcalde, resultando elixido Alberto Vázquez Rodríguez, cos apoios dos seus 2 edís e dos outros 2 de Somos O Bolo.

 

Será alcalde durante dous anos, segundo o pacto de goberno ao que chegaban socialistas e Somos O Bolo. Despois, o número 1 desta segunda formación, Miguel Ángel García, asumirá a alcaldía os dous anos seguintes da lexislatura.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button