AletismoDeportesÚltima hora

Alejo Ares: “Creo que non será unha carreira de marcas pero si moi rápida”

O atleta valdeorrés competirá mañá no Campionato de España de 10Km en Ruta que se celebrará no Barco de Valdeorras

Alejo Ares coa súa filla Carla no acto desta tarde. /Foto: A.R.

 

Entre os máis de 500 atletas que participarán mañá no Campionato de España de 10Km en Ruta, no Barco, está o atleta local Alejo Ares, membro do Club Adas Cupa que na tarde deste sábado participaba tamén no acto previo, a sinatura de carteis xunto a outros dous atletas, Fernando Carro e Maitane Melero.

No acto, diante dun nutrido grupo de atletas e afeccionados, e acompañado pola súa filla Carla, o propio Alejo aseguraba que “é moi especial correr en casa porque non é fácil conseguir un campioanto de España para o Barco e Tinín puxo moito empeño en traelo”, dixo, asegurando que afronta a carreira dun xeito positivo “porque no Adas temos atletas moi competentes e mañá podemos dar moita guerra”. Tamén adiantou que confía en estar debaixo do 30:30 para el sería moi bo para el “porque estaría arriba”, dixo recoñecendo que o circuíto é rápido e tamén engañoso porque a temperatura aquí pode pasar factura.

Con respecto ao círcuíto Alejo lembrou que é practicamente chaio e pódese correr moi rápido pero hai que ter coidado na saída porque pódese pasar un de volta. Creo que non será unha carreira de marcas pero si moi rápida”, concluía.

Artigos relacionados

Back to top button