DeportesEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

Alejo Ares e Elena Ledo, ganadores absolutos da XV Carreira dos Santiños no Barco

 

Baixo unha intensa chuvia desenvolvíase a partir das 11h. XV Carreira dos Santiños do Barco, cun percorrido de 5 km (dúas voltas a un circuíto homologado de 2.500 m totalmente chairo e urbano). O primeiro en cruzar a liña de meta, situada xunto ao pavillón de Calabagueiros era o atleta valdeorres Alejo Ares (Adas Cupa). O segundo en entrar era Pacho García (Adas Cupa) e o terceiro absoluto, Saturnino González (Ourense Atletismo). A primeira corredora absoluta era Elena Ledo, tamén do Club Adas.

 

 

Tamén ás 11h. saían os atletas Sub16, que unicamente daban unha volta ao circuíto. O mellor resultado viña da man de Nicol Sánchez, seguida de Emma Fernández e Itziar Gervolés en categoría feminina. En categoría masculina, impoñíase Víctor Delgado (Adas Cupa).

Fotos: A.R./ Carlos G. Hervella.

Máis información e galería fotográfica:

A chuvia marca a XV Carreira dos Santiños do Barco, cuns 60 participantes na proba dos maiores

 

Artigos relacionados

Back to top button