Segundo a información facilitada pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), está activo un aviso amarelo polo que se agardan tormentas, nos ámbitos xeográficos da provincia de Ourense no seu conxunto, Lugo (centro, montaña, sur), da Coruña (interior) e de Pontevedra (Interior), a partir do mediodía deste 21 de maio que poden vir acompañadas de saraiba, así como de choivas e ventos localmente fortes.
Dende a Xunta tamén se explica que un aviso de nivel amarelo por tormentas indica que na zona afectada prevense (de acordo coPlan Meteoalerta) “choivas localmente fortes e/ou ventos localmente fortes e/ou saraibainferior a 2 cm”. “Dado o carácter destes fenómenos existe a posibilidade de que se poidan producir tormentas de intensidade superior de forma puntual”, matizan dende a administración galega.