
Dende a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) vén de emitirse un aviso amarelo por chovia e vento para mañá luns 19 de outubro na montaña da provincia de Ourense. Dende as 13h. ata as 22h. poderían producirse refachos máximos de 80 km/h. de ventos do sur. Ademais prevese que entre as 17h. e as 24h. haxa unha precipitación acumulada de 40 l/m2 en 12 horas.
Tendo en conta esta previsión, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior vén de comunicar que se activará o nivel de alerta amarelo por fenómeno meteorolóxico adverso na montaña ourensá.