ConcellosÚltima hora

Alerta amarela por vento na montaña da provincia de Ourense

 

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) vén de activar un aviso amarelo por vento para hoxe, 19 de outubro, e para mañá, 20 de outubro, a zona de montaña da provincia de Ourense. Espéranse refachos máximos de 80 km/hora de ventos do sur e suroeste.

Ademais, neste 19 de outubro está activada unha alerta amarela por chuvia na parte noroeste da provincia, onde se espera unha precipitación acumulada en 12 horas de 40 mm, segundo a Aemet.

 

Artigos relacionados

Back to top button