ConcellosÚltima hora

Alerta laranxa por temporal na provincia de Ourense

Mapa de alertas activadas hoxe pola Aemet na provincia de Ourense./ Fonte: Aemet.

 

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) ten activados avisos laranxas e amarelos na meirande parte da provincia de Ourense por vento, chuvia e desxeos. Así, no caso da montaña de Ourense hai alerta laranxa por vento e esperánse refachos máximos de 100 km/h. de vento do sudoeste e oeste entre as 21h. e as 00h. deste xoves. Ademais este aviso continúa activado ata as 7h. do 22 de xaneiro.

No caso de Valdeorras está activado un aviso amarelo por vento e prevense refachos máximos de 70 km/h. de vento do suroeste e oeste, mentres que na zona do Miño de Ourense o aviso por vento é amarelo (refachos de ata 70 km/h.).

No referente ao noroeste de Ourense hai avisos amarelos por chuvias e por vento, neste último caso varía entre amarelo e laranxa segundo o momento do día.

Tendo en conta estas previsión, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Primeira da Xunta vén de activar unha alerta laranxa por temporal e por vento en toda a comunidade.

A Xunta lembra lembra a importancia de seguir as medidas de protección como retirar os obxectos que poidan caer á rúa dende os tellados, balcóns e fiestras e evitar pasar preto de edificios en ruínas, en construción, árbores, paneis publicitarios e obxectos susceptibles de desprazarse co vento.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincia afectada; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Ademais, recoméndase consultar a páxina web do CIAE 112 (axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Artigos relacionados

Back to top button