CD BarcoDeportesÚltima hora

Álex Rey, da canteira do RC Celta de Vigo ao CD Barco

Por primeira vez na súa historia o club barquense sacará equipos en todas as categorías

Álex Rey, nova fichaxe do CD Barco.

 

Aproxímase o inicio de liga en 3ª RFEF e todo son boas novas para o Centro de Deportes Barco que, tras vencer no triangular de pretempada en Francelos (0-4 ante o Francelos FC e 1-0 ante o Rápido de Bouzas), vén de anunciar unha nova fichaxe, a do centrocampista lucence Álex Rey.

Rey (Lugo 1998) comezou a súa carreira deportiva na base do RC Celta de Vigo como unha das grandes promesas futbolísticas e máis tarde pasaría pola UD Somozas, polo Polvorín FC, polo CD Lugo e polo Unionistas CF, recalando agora no equipo do Barco que dirixe Javier Rey.

Ademais desta nova incorporación, o Centro de Deportes Barco avanza a bo ritmo na retirada de carnés de socio, estando a piques de colgar o cartel de ‘completo’ na tribuna de Calabagueiros, anunciando tamén que por primeira vez na súa historia sacará a competir equipos en todas as categorías, desde prebenxamín ata xuvenil, “grazas ao froito do traballo diario dos convenios de colaboración co CD Rúa”, puntualiza o presidente do club Nilo Ramos.

 

Artigos relacionados

Back to top button