O último centro rues en comezar o curso, pasadas as nove e media da mañá deste mércores 11 de setembro era o CEIP Manuel Respino que recibía os cativos con globos de benvida, música e alfombra vermella.
Con alegría e ganas de reencontrarse cos compañeiros e sobre todo cos profesores na maioría dos casos, aínda que tamén houbo algúnha que outra bágoa, os rapaces comezaban o curso 2024/2025, logo de ser recibidos no patio polo equipo directivo e distribuídos por cursos para dirixirse ás correspondentes clases.
Fotos: Mónica G. Bellver.