ConcellosO BarcoÚltima hora

Alfonso Rueda presidirá a inauguración da XXIV Feira do Viño de Valdeorras, este sábado

O conselleiro do Medio Rural e o director da Axencia Turismo de Galicia tamén estarán presentes no evento que arrincará co pregón a cargo do xornalista Manuel Jabois

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, tras o Consello celebrado este mércores.

 

Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia, vén de confirmar a súa presenza no acto inaugural da XXIV Feira do Viño de Valdeorras, que terá lugar a partir das 12.00 horas do vindeiro sábado, 8 de xullo, na barquense praza de Viloira. Así o vén de anunciar a organización.

Xunto ao titular do Goberno galego, desprazaranse ata o Barco o conselleiro do Medio Rural, José González, e o director da Axencia Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles. Ademais de Rueda, intervirán no acto o alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García, e o presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, José Ramón Rodríguez Castellanos, entre outras autoridades.

O evento iniciarase coa lectura do pregón a cargo do escritor e xornalista Manuel Jabois. A continuación, tras o pregón, terán lugar as diferentes intervencións institucionais e, ao finalizar os discursos, as autoridades realizarán un percorrido polas diferentes casetas das adegas presentes no recinto feiral.

Artigos relacionados

Back to top button