Eleccións Xerais 2023PolíticaÚltima hora

Alfredo García, número 3 ao Congreso polo partido socialista na provincia de Ourense

Ademais, o petinés Miguel Bautista será o número 2 ao Senado nas listas do PSOE

O alcalde do Barco en funcións, Alfredo García./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Cambios nas listas inicialmente aprobadas polo Comité Provincial do PSdeG-PSOE. Así o partido galego modificaba esas candidaturas, o que ten suposto a inclusión do alcalde en funcións do Barco, Alfredo García (que lograba unha nova maioría absoluta o 28M), no número tres ao Congreso, e o posto número 2 ao Senado para o petinés Miguel Bautista.

 

Miguel Bautista. / Foto: cedida.

 

Así estas candidaturas, que veñen de ser ratificadas este sábado polo Comité Federal do partido socialista son as seguintes:

CONGRESO
1- Margarita Martín Rodríguez
2- Noela Blanco Rodríguez
3- Alfredo Laudelino García Rodríguez
4- José Ramón Fernández Morgade

SUPLENTES: Rosa Martínez Rodríguez, Francisco Magide Bizarro, Erika Conde Vázquez e Miguel Ángel Rodríguez Ojea.

SENADO
1- Rafael Rodríguez Villarino. SUPLENTES: Borja López Fernández e Susana Rodríguez Estévez.
2- Miguel Bautista Carballo. SUPLENTES: Luis Gulín Iglesias e Jesusa Rodríguez Castro.
3- María Alida Iglesias Gil. SUPLENTES: Catalina González Álvarez e Celso Basalo Gómez.

Artigos relacionados

Back to top button