A partires das 12:30h. deste sábado 27 de xuño o Xardín do Posío en Ourense acollía o primeiro acto electoral de Pedro Sánchez tras finalizar o estado de alarma. Nel Sánchez arroupaba ao candidato socialista á presidencia da Xunta de Galicia nas vindeiras eleccións do 12X.
Ademais de membros da candidatura ourensá (entre eles o barquense Eduaro Ojea), entre os cargos socialistas presentes no acto había numerosos alcaldes da provincia de Ourense como os do Barco, Manzaneda, Vilamartín, Parada de Sil ou as alcaldesas da Pobra de Trives e Castro Caldelas, entre outros, así como concelleiros.
Fotos: Carlos G. Hervella.
Máis información e fotos: