Concellos

Allariz prepárase para celebrar a Festa da Malla en Queiroás da Igrexa

A festa será o 5 de agosto empezando co encontro dos veciños e rematará cun xantar popular
A festa contará cunha mostra dos diferentes trebellos para mallar no millo.

A parroquia de Queiroás da Igrexa, en Allariz, celebrará o vindeiro 5 de agosto as “XVII Festas da Malla”.

Segundo reza o programa destes festexos, o encontro de veciños e medeiros na “Aira Vella” do pobo para facer a carrexa será cara ás nove da mañá. Unha hora despois, ás 10:00 horas, farán a mostra de ferramentas e material de labranza e abrirase a Exposición Fotográfica, de motores e máquinas de mallar antigas.

Logo, cara ás once, farán a recreación das diferentes formas de mallar: malla a pedra coas mazas na “Aira de Abaixo”; malla con mallos ou males na “Aira do Fondo” e malla con motor e malladora no “Cruceiro”.

Cara ao mediodía, concretamente ás 14:30 horas, terá lugar o xantar na “bidueira do kiko”, a prezo de 12 euros o menú que inclúe: empanada artesá, pementos recheos, salpicón, carne estofada de boi de Allariz, pan, viño, bica, café e licores. Asemade haberá un obradoiro de pan para nenos con boliños preñados no forno da Señora das Ermitas. Todo isto acompañado, durante toda a xornada, cunha foliada da agrupación musical “De pé Feito”.

 

Artigos relacionados

Back to top button