CulturaCulturaÚltima hora

Alta participación no XII Concurso de Microrrelatos Ribeira Sacra-Parada de Sil

Presentáronse un total de 895 escritos por autores das dezasete comunidades autónomas de España, algún de Alemaña, Reino Unido e Bélxica e tamén destaca o gran número de traballos procedentes do continente americano

Concello de Parada de Sil./ Foto: O SIL.

 

Rematado o prazo de presentación para presentar traballos no XII Concurso de Microrrelatos Ribeira Sacra-Parada de Sil, agora empeza a dura tarefa do xurado para a corrección e selección. Un xurado composto polos profesores Arturo Fernández, Delfín Caseiro e presidido por o profesor e distinguido hispanista Antonio Carreño veciño de Parada de Sil.

Neste concurso, que a parte de estimular a creatividade tamén sirve apra dar difusión a Ribeira Sacra e o concello de Parada de Sil, os participantes optan a un premio de 1.000 euros para cada un dos microrrelatos en galego e en castelán, os que acaden o primeiro posto segundo o xurado, tal e como informa o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez. O segundo premio, dotado con 500 euros, e o terceiro de 300 son indistintos para os relatos en galego ou castelán.

Nesta edición presentáronse un total de 895 escritos por autores das dezasete comunidades autónomas de España, algún de Alemaña, Reino Unido e Bélxica e “destaca a altísima participación de América con obras de 8 países de América do Sur, tres de América Central e Canadá”, polo que, segundo Aquilino Domínguez, “a difusión do concurso, e con el a da Ribeira Sacra e de Parada de Sil, vai moito máis alá de Galicia e de España, o que non deixa de ser unha grande satisfacción”.

O fallo do premio será comunicado aos interesados e tamén se anunciará nos medios e redes do concello de Parada de Sil o día 29 de abril tal e como contemplan as bases, tendo prevista a entrega dos mesmo o día 11 de maio no acto que o Concello celebrará o Día das Letras Galegas.

Artigos relacionados

Back to top button