CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Alumnos de 2º da ESO do IES Lauro Olmo do Barco, no programa de inmersión lingüística en inglés, no centro dos Peares

 

Un total de 25 alumnas e alumnos de 2º da ESO do IES Lauro Olmo de O Barco de Valdeorras participaban neste mes na Digitalweek, un programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais impulsado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, celebrado do 3 ao 8 de novembro no Centro de Inmersión Lingüística Peares (Carballedo).

 

 

O alumnado do instituto barquense asistía acompañado por unha profesora, convivindo con estudantes doutros centros galegos. A actividade transcorreu integramente en inglés mentres realizaban actividades relacionadas coa contorna dixital, pero tamén xogos, deporte, veladas, excursiós, etc.

 

 

Tal como avanzan dende o centro escolar, os obxectivos xerais deste programa son “a mellora da competencia comunicativa en lingua inglesa, a mellora da competencia dixital, a mellora da autonomía e a interacción entre mozas e mozos de distintas contornas escolares de Galicia”.

Fotos cedias.

Artigos relacionados

Back to top button