OurenseÚltima hora

Alumnos de Dereito e Traballo Social realizarán prácticas na Subdelegación do Goberno

A Universidade de Vigo e a Administración Xeral do Estado veñen asinaron un convenio de colaboración
Presentación do convenio na Subdelegación do Goberno en Ourense.
Presentación do convenio na Subdelegación do Goberno en Ourense.

O subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, e o vicerreitor do campus de Ourense, Virxilio Rodríguez, veñen de presentar o convenio de cooperación educativa entre a Administración Xeral do Estado (Ministerio de Facenda e Administracións Públicas) e a Universidade de Vigo para a realización de prácticas académicas externas por parte dos estudantes da universidade na Subdelegación do Goberno en Ourense.

O convenio foi asinado o pasado 5 de marzo e ten por obxecto a realización de prácticas académicas externas por parte de alumnos matriculados no Grao de Dereito (un máximo de catro) e de Traballo Social (un) durante un período de tempo de 100 horas, responsabilizándose a Subdelegación da súa formación durante a súa estancia, de tal xeito que permita completar os seus estudos universitarios, para unha futura incorporación ao mundo laboral.

Tal como explican dende a Subdelegación do Goberno en Ourense, os obxectivos educativos das prácticas teñen como finalidade “favorecer a adquisición de competencias dos alumnos para o exercicio das actividades profesionais relacionadas cos seus estudos, obter unha experiencia práctica que facilite a inserción no mercado de traballo e mellore a súa condición de emprego futura e favorecer os valores da innovación, a creatividade e o emprendemento”. Entre as tarefas que van desenvolver e que se contemplan no proxecto formativo, están a do seguimento de procedementos administrativos en materias de competencia, realización de informes ou outros cometidos de natureza homóloga vinculadas a súa formación académica.

Artigos relacionados

Back to top button