CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Alumnos do instituto trivés participarán mañá na XV Olimpiada de Xeoloxía, no Xeoparque Montañas do Courel (Quiroga)

Participantes na Olimpíada no 2023.

 

Por segundo ano consecutivo o Xeoparque Montañas do Courel será unha das 4 sedes da fase galega da XV Olimpiada de Xeoloxía organizada pola Asociación Española de Ensinanzas de Ciencias de la Tierra (AEPECT).

Así, mañá mércores 7 de febreiro un total de 55 alumnos acompañados de profesores de 7 centros entre eles o IES Xermán Ancochea Quevedo da Pobra de Trives participarán nas probas que se desenvolverán nas Montañas do Courel e que consistirán nunha proba teórica tipo test con 40 preguntas, e unha proba práctica por equipos a través dunha xincana con 12 probas que se desenvolveran polas rúas de Quiroga.

As dúas mellores puntuacións de entre os participantes asistirán a fase final nacional da Olimpiada de Xeoloxía que este 2024 celébrase o 13 de Abril en Zamora. Tamén se concederá un accesit ao mellor alumno de 4º da ESO e ao mellor grupo.

Os participantes tamén terán a oportunidade de coñecer dous centros da rede de centros de interpretación do Xeoparque: O Museo Xeolóxico en Quiroga e o Centro de Interpretación da Minaría Aurífera Romana en Ribas de Sil, onde tamén coñeceran a técnica do bateo do ouro.

 

Artigos relacionados

Back to top button