CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

“Amanezca”, unha canción contra violencia de xénero escrita por Lucía Álvarez e Rosa Torres-Pardo

Estrearase o vindeiro 8 de marzo con motivo do Día da Muller na canle de Youtube da produtora MEZZOFORTE 111

Lucía Álvarez (á dereita) e a pianista Rosa Torres Pardo./ Foto: Claudia Campoamor.

 

Con motivo da celebración o vindeiro 8 de marzo do Día Internacional da Muller, a produtora MEZZOFORTE 111 SL lanza en primicia “Amanezca” unha canción contra a violencia de xénero que “será accesible e inclusiva para que todas as persoas poidan disfrutar dela”.

A este tema, composto pola pianista Rosa Torres-Pardo e escrito en colaboración coa actriz Lucía Álvarez (natural de Mouruás, San Xoán de Río), ponlle voz Clara Muñiz. Contará coa interpretación en Lingua de Signos Española por parte de Marta Amoy e estará subtitulada. Estrearase o 8 de marzo e poderá escoitarse na Canle Youtube da propia produtora:
https://www.youtube.com/channel/UCBDcgY4ZZfWumK8P7RV9vTQ

Artigos relacionados

Back to top button