CulturaCulturaÚltima hora

Os Peliqueiros percorren Laza no Domingo de Estrea

 

Logo de varios días de festa, na mañá do domingo 11 de febreiro o Entroido chegaba a un dos momentos clave en Laza. Os Peliqueiros estaban de estrea e, seguindo a tradición, daban os bos días a veciños e visitantes percorrendo as rúas co son que envolve o ar.

 

 

Xa na praza da Picota, un dos puntos claves do Entroido en Laza, os Peliqueiros exhíbense con elegancia e á saída da misa, amablemente saúdan aos fegreses e dende alí diríxense á Cerdeiriña para recoller o carro da bica branca que de volta á Picota, será repartida entre os asistentes.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button