ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

As amas de casa do Barco celebran o San Xoán con sardiñas e queimada

A merenda tiña lugar no Chao na tarde do 29 de xuño

Con seis días de retraso celebraba a asociación de amas de casa O Teixadal do Barco de Valdeorras a noite de San Xoán. “Tiñamos que celebralo a semana pasada pero un grupo de socias estiveron toda a semana de vacacións na Residencia de Descanso de Panxón polo que tivemos que retrasalo”, explica a presidenta da asociación, Rosario Gutiérrez.

Así pois, fieis á tradición, na tarde do 29 de xuño, un bo número de amas de casa disfrutaron no local que teñen no Chao, dunha boa merenda na que non faltaron as sardiñas ben fresquiñas e recén asadas na grella, nin os doces caseiros como filloas e cañas. No menú tampouco faltou a queimada.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button