Este sábado 30 de setembro a asociación De Nai a Nai celebrará o seu 10º aniversario cun completo programa festivo no que non faltará a música. Unha Jam Session prevista para as 20:30 horas na praia fluvial do Malecón, no Barco, que correrá por conta da Asociación de Música Alternativa Valdeorras, AMAVA.
En total tocarán cinco grupos: Maldita Carolain; Nerea, Aldara e Joana; Blue Thunder; El Patio de Leni; e The Jurassic Cracks; contando ademais coa actuación en solitario de Nerea.