OurenseÚltima hora

Análise do cumio sobre o cambio climático

Amigos da Terra e a Universidade de Vigo organizan unha mesa redonda no Campus de Ourense
Cartaz da mesa redonda.
Cartaz da mesa redonda.

Mañá, mércores 17 de febreiro, o salón de actos Marie Curie da Facultade de Ciencias de Ourense acollerá ás 12h. unha mesa redonda organizada por Amigos da terra e a Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo para expor a súa visión sobre o acordo de París do pasado mes de decembro. “Foi o maior cumio mundial contra o cambio climático da década, pero a pesar do entusiasmo co que os gobernos e os grandes grupos de comunicación, acolleron o acordo, a súa análise non concorda ca visión da comunidade científica e os movementos sociais e ambientalistas”, din dende Amigos da Terra.

A mesa redonda será presentada polo vicerreitor do Campus de Ourense, Virxilio Rodríguez e polo decano da Facultade de Ciencias, Gil Garrote, e contará coas intervencións de Nieves Lorenzo, da área de Física da Terra da Universidade de Vigo; Raquel Fernández, da área de Clima e Enerxia de Amigos da Terra; e Bran López, activista de Amigos da Terra.

Nieves, analizará as evidencias científicas do cambio climático, como afecta a Galicia, que límites se propuxeron no acordo de París e, tras a súa aprobación, que valoración se fai a nivel científico. Raquel, pola súa banda, explicará como enfocou o cumio o movemento ambientalista, e tamén reflexionará sobre as evidencias do cambio climático sobre todo nos países máis empobrecidos. Finalmente achegará as propostas de cambio das asociacións ecoloxistas a diferentes niveis, político, lexislativo pero tamén persoal. Por último, Bran compartirá a súa experiencia no cumio de París, como foi a súa participación nas distintas actividades que se levaron a cabo dentro dun variado crisol de movementos sociais, mobilizacións e accións de rúa.

Artigos relacionados

Back to top button