DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A Andaina de Armariz, a beneficio de Afaor, reúne a unhas 225 persoas

Publicidade
Esta camiñata benéfica celebrábase o 6 de agosto nesta localidade de Nogueira de Ramuín

A oitava edición da andaina solidaria da Asociación de Veciños San Ramón de Armariz, que tiña lugar o pasado 6 de agosto, era nesta ocasión en beneficio da Agrupación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Ourense (Afaor). Nela participaban unhas 225 persoas, segundo a organización, e discorría por un trazado duns 12 km en Armariz (Nogueira de Ramuín).

En total o recaudado para asociación Afaor pola organización ascende a 450 euros. Tras a camiñata, procedíase a un sorteo de agasallos cedidos por diferentes comerciantes. Nesta galería de fotos poden verse diversos momentos da andaina e, nas dúas últimas, ao presidente da AAVV San Ramón de Armariz, Marcos Tesouro, e á presidenta de Afaor, no acto de entrega do cheque co reunido na andaina. A presidenta, á súa vez, agasallaba ao representante da asociación veciñal cunha lámina realizada por unha enferma de Alzheimer.

Fotos cedidas por Afaor.

Artigos relacionados

Back to top button