DeportesÚltima hora

Andaina polas terras de Quiroga da man da Asociación de Amigos do Camiño por Valdeorras

Está prevista para o 12 de outubro con saída ás 9 da mañá dende a praza do Concello da Rúa

Cartel da andaina.

 

Seguindo coas actividades programadas para este ano, a Asociación de Amigos do Camiño por Valdeorras organiza unha nova andaina, desta volta polo municipio de Quiroga.

Trátase da Andaina da Encomenda: Quiroga-Torre Novaes que se celebrará o vindeiro 12 de outubro con xantar incluído e “se hai xente de avondo imos en autocar”, adiantan dende a organización. A saída será ás 9 da mañá da praza do Conccello da Rúa e a data para apuntarse remata o 9 de outubro, chamando aos teléfonos da asociación (988 310 116 / 616 124  21) ou do Concello da Rúa (988 310 116).

Artigos relacionados

Back to top button