Concellos

Andaina polo sendeiro do río Arenteiro, no Carballiño

Esta mañá varias ducias de persoas participaron na andaina polo sendeiro do río do Arenteiro entre o Parque Municipal e A Ponterriza, de 7,5 quilómetros entre ida e volta.

Esta iniciativa, promovida polo Concello en colaboración co Centro de Estudios Chamoso Lamas, tiña por obxecto poñer en valor este sendeiro e todos os lugares de interese etnográfico, arqueolóxico, histórico e paisaxístico que se atopan na ribeira do río.

Asía, a Fábrica do Papel da Lavandeira, o Museo Etnográfico, a Fonte do Rei (Godás), o cruceiro e a ponte da Ponterriza e, finalmente, o emprazamento da torre medieval de Godás, recentemente escavada. O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, explicou a historia e o proxecto da Fábrica do Papel, e o presidente do C.E. Chamoso Lamas, Xosé Luis Sobrado, e o arqueólogo Xurxo Lamas, explicaron os achádegos na torre de Godás, así como a historia e a relevancia da ponte de Ponterriza na trasfega do viño do Ribeiro cara a Compostela e as Rías Baixas en carros de cabalerías.

Entre os asistentes á andaina estaba o concelleiro de Cultura, Diego Fernández; o voceiro de AV, Bernardo García, e a representante da adega Pazo Tizón, Cristina Mouriño.

Artigos relacionados

Back to top button