
Larouco será escenario o vindeiro 2 de xuño unha “Andaina-ruta interpretativa” coa posibilidade de escoller entre tres rutas diferentes: a dos lagares e Vía Romana (4,8 km apta para público familiar), a Ruta do Viño de Larouco (con subida á Pena Falcoeira, de 14,3 km) e a Ruta do Viño de Larouco (sen subida a Pena Falcoeira, de 12,3 km), tal e como informa o Concello de Larouco.
A saída da andaina está prevista para as 10h. na igrexa de Larouco. Ademais a ruta inclúe actividades medioambientais e culturais durante o percorrido e un sorteo de agasallos ao finalizar. Tamén haberá un xantar opcional.
As persoas interesadas en participar poden realizar as súas inscricións en www.celtiatravel.com. Os prezos das inscricións son os seguintes: 20 euros (andaina+xantar), 15 euros (só xantar) e 5 euros (só andaina).
