Espectacular noite para os deportes de contacto a vivida na velada de MMA celebrada o 12 de abril no Barco de Valdeorras.
Da man de Mamba Figth en colaboración co Club Kickboxing Valdeorras, celebrábase o MFC 044, íntegro de Artes Marciais Mixtas: oito combates amateur e un combate profesional; ademais dunha Superfight de Grappling, nos que dous equipos galegos (Graíño Team A Coruña e Graíño Team O Barco) se enfrontaban a tres equipos asturianos e un portugués, logrando moi bos resultados.


Adestrados polos irmáns Pardo, Juan e Luis, nas instalacións do Centro Deportivo Valsport, Rubén Fernández vencía por decisión unánime nun Superfight de Grappling; e en MMA amateur, o combate entre Alejandro Menéndez e Adrián Menéndez (Asturias) era parado por decisión arbitral; Marcos Xavier ‘Brasi’ vencía por KO a Christian Luna (Fight Club); e Felipe Morales por decisión unánime a Iván Garrido (Xixón).



Con todo, o prato forte da velada era a loita en -68 kilos entre Andi Canosa (Graíño Team O Barco) e W. Lopes “Maré” (Portugal). Era o segundo combate profesional para o barquense despois de vencer por KO na súa estrea en febreiro do ano pasado en Vilamartín de Valdeorras, fronte a un duro e experimentado rival e onte revalidaba o seu fantánstico estado vencendo por sumisión nun combate rápido e impecable ao seu rival.
Unha vitoria tan esperada como aplaudida que poñía en pé ao numeroso público asistente á velada.
Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.



