BoxeoDeportesÚltima hora

Andi Canosa e Ángel García (Club Kickboxing Valdeorras) debutan en boxeo no ‘MFC 030 Concello do Barco’

A velada, con combates de boxeo amateur e neo profesional, celebrarase o 19 de maio no pavillón vello

 

Da man do Mamba Figth Club dirixido por Diego Vázquez e do Club Kickboxing Valdeorras con Juan J. Pardo Bravo, o vindeiro 19 de maio celebrarase no pavillón vello do Barco de Valdeorra o “MFC Shakedowb 030 Concello do Barco”, centrado nesta ocasión no boxeo, con combates amateur e neo profesional.

 

Andi Canosa.

 

Por parte do club vadeorrés debutarán nesta velada de boxeo Andi Canosa e Ángel García.  Andi será sen dúbida unha das atraccións da noite xa que se estreará nunha nova disciplina despois de competir en grappling, coa que empezou nos deportes de contacto e máis tarde nas MMA coas que chegou a ser campión galego e lograr un segundo e un primeiro posto no Torneo Invictus do País Vasco, entre outros.

 

Ángel García.

Artigos relacionados

Back to top button