ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Animado día de festa na residencia da terceira idade de Valdegodos

O centro celebraba a festividade da súa patroa, a Virxe dos Milagros

Cada 8 de setembro moitos pobos da provincia de Ourense celebran as festas patronais como é o caso de Larouco, pero tamén é unha data festiva en centros privados. Tal é o caso da Residencia da Nosa Señora dos Milagros que a Fundación Valdegodos ten en Vilamartín de Valdeorras que onte celebraba a festa na honra á patroa.

Alí, residentes, familiares, convidados e persoal desfrutaban dunha xornada de convivencia na que non faltaron cultos como a procesión e posterior eucaristía, nin o xantar de festa que compartiron todos xuntos, nin a música a cargo dun grupo. Coma sempre cada residente contaba cos seus propios convidados, ubicados nas súas respectivas mesas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button