CulturaCulturaÚltima hora

‘Animais de Compañía’, unha fábula moderna, este domingo no Centro Cultural Avenida da Rúa

A comedia musical para o público familiar comezará ás 17 horas

Un momento da obras de teatro ‘Animais de Compañía’.

 

Este domingo, 6 de febreiro, chega ao Centro Cultural Avenida da Rúa a obra de teatro ‘Animais de Compañía’ de Eduardo Alonso, da man de Teatro do Noroeste.

Trátase dunha divertida e máxica comedia musical para público familiar (nenos desde os 6 anos), unha fábula moderna que ten como protagonistas a Maxa e Fedra, unha vella cadela e unha gata nova. Interpretadas por Manuela Varela e Inma Antónia, elas serán as encargadas de, entre cancións, contos, relatos e rifirrafes, ensinar a importancia da igualdade e o respecto ás diferenzas de raza, cor, relixión ou xénero.

As entradas estarán á venda en taquilla durante a fin de semana e o aforo será limitado. A actividade está enmarcada dentro do convenio de colaboración entre a Agadic e o Concello da Rúa para a xestión da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do primeiro semestre de 2022.

 

Artigos relacionados

Back to top button