EconomíaEconomíaÚltima hora

Antonio Lombardía Crespo asume a presidencia do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra

Constitución do pleno do C.R.D.O. Ribeira Sacra.

 

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, presidiu hoxe a constitución do novo pleno do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, no marco das renovacións dos órganos de goberno de 15 consellos reguladores do ámbito agroalimentario, segundo o establecido na orde da Consellería do Medio Rural publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado no 10 de novembro.

Así, tal como avanzan dende a Consellería do Medio Rural, este novo pleno quedou conformado por 12 vogalías, 4 por candidatura única e 8 por pactos electorais. As 4 primeiras corresponden a Viticultores e Adegueiros da Ribeira Sacra, mentres que as 8 restantes foron para Viticultores non comerciais e Viticultores e Adegueiros da Ribeira Sacra.

Tras a toma de posesión, os vogais aprobaron que a presidencia do consello regulador a asuma Antonio Lombardía Crespo. No tocante á vicepresidencia primeira, será asumida por Héctor Ferreiro Abelairas, do sector produtor; mentres que a vicepresidencia segunda será asumida por César Enríquez González, de Adega Cachín SC, como representante do sector industrial.

Artigos relacionados

Back to top button